Publicador de contidos
Publicador de contidos

Castigo para o Racing Vilalbés na última xogada do partido (2-2)

Castigo para o Racing Vilalbés na última xogada do partido (2-2)

O partido, que comezou trabado, rematou cun 2-2 e dous goles nos minutos de desconto

O punto acadado non serve a ningún dos dous equipos na loita pola permanencia

G24.gal 13/04/2024 18:38

Partido moi disputado no campo da Magdalena, co obxectivo da permanencia nas cabezas dos xogadores dos dous equipos. O Vilalbés comezaba a xornada na última posición do descenso con 33 puntos, mentres que o Cayón chegaba 16º con 29 puntos, a catro do Vilalbés, e sen gañar ningún partido fora da casa nesta tempada.

Primeira parte sen moito xogo, pero con moitos erros, propios dos nervios derivados da situación clasificatoria de ambos equipos. O Cayón tentou levar o peso do xogo, pero só acadou un tiro a porta, pola súa parte o Rácing Vilalbés saía á contra e nas botas de Pablo Rey estivo a xogada máis perigosa da primeira parte cun bo golpeo de balón nunha falta dende a frontal.

A segunda parte concentrou os goles que non se viron na primeira metade. O Rácing Vilalbés saíu dos vestiarios coa intención de levar a iniciativa, pero nun córner o xaponés Hitoshi logrou adiantar o conxunto visitante. O Rácing Vilalbés lograba empatar dez minutos despois froito dunha mala acción do porteiro, pero sería nos minutos finais cando o partido terminou por romperse, e tras un córner o Vilalbés acadaba unha remontada que sacaba do descenso o equipo lucense. A felicidade apenas durou uns poucos minutos, xa que na última xogada do partido o Cayón lograría un empate que deixa insatisfeitos aos dous equipos na loita pola permanencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos