Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Bergantiños cae pola mínima en Valladolid (1-0)

O Bergantiños cae pola mínima en Valladolid (1-0)

Os galegos tiveron o dominio e as escasas ocasións, pero decidiu un gol de Xavi Moreno

G24.gal 03/11/2024 14:16

O Bergantiños caeu na súa visita aos Anexos do José Zorrilla, diante do Valladolid Promesas, un rival directo que chegaba tres puntos por debaixo. Xa que logo, os de Carballo perderon a ocasión da empliar a vantaxe co filial, e quedan igualados na táboa.

Os dous equipos tivéronse moito respecto durante a primeira metade. A ocasión máis clara foi dos galegos, nunha acción de Omar que Pachón rematou desviado. O propio Omar tivo outra clarísima ocasión no inicio da segunda metade, pero o seu disparo marchou moi preto do pau de Álvaro Acebes.

Os achegamentos eran do Bergantiños, pero o gol do partido ía levar o selo local, nunha acción persoal de Xavi Moreno na que superou a oposición de Fito para abrir o marcador. Era o minuto 71 de xogo. O Bergantiños intentou reaccionar, pero so tivo ocasión nalgún disparo lonxano que non inquedaba ao porteiro local. O filial tamén buscaba a acción da sentenza, e acariñouna Jorge Delgado, logo dun erro na saída de balón dos de Carballo que rematou ben preto do pau de Cote. A derrota final frea a serie de dúas vitorias consecutivas coa que comezaba a xornada o conxunto galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar