Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Coruxo adiántase dúas veces pero acaba perdendo en Ávila (3-2)

O Coruxo adiántase dúas veces pero acaba perdendo en Ávila (3-2)

Borja Marchante e Naveira anotaron os goles vigueses

Rivas empatou por dúas veces e Carrión concluíu a remontada

Foto: @Real AvilaCF
G24.gal 20/10/2024 21:15

O Coruxo plantoulle cara ao Ávila, un rival que ocupa postos de promoción de ascenso. Os de David de Dios mesmo se adiantaron por dúas veces no marcador, con senllos goles dos defensas Borja Marchante, á saída dun córner, e de Naveira, entrando desde atrás. Pero non deron aguantado esa vantaxe.

Foi a tarde do dianteiro local Rivas. Anotou en dúas ocasións, igualando as dúas vantaxes nos minutos 22 e 50 con senllos remates desde dentro da área.

A segunda metade deixou algunha ocasión clara. Martín puido completar o hat trick cun remate cómodo, pero Esteban detívollo abaixo. E outro balón paseou pola área viguesa antes do minuto 87. Foi entón cando Carrión anotou un auténtico golazo, facendo inútil a estirada de Esteban e o esforzo do Coruxo. Os puntos quedaban no Adolfo Suárez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos