Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un golazo no engadido priva o Fabril da vitoria co Langreo (1-1)

Un golazo no engadido priva o Fabril da vitoria co Langreo (1-1)

O equipo coruñés tivo moitas ocasións e adiantouse nunha gran xogada

Samu Pérez igualou no 92' cun gran lanzamento de falta

G24.gal 05/10/2024 18:09

O Deportivo Fabril deixou fuxir unha grande ocasión de sumar tres puntos en Abegondo. Foi nun partido que dominou contra o Langreo, e no que dispuxo de moitas ocasións. Especialmente, logo de quedar cun home máis no terreo de xogo. Foi no treito inicial da segunda metade, e os de Óscar Gilsanz tiraron proveito diso. Logo dunha acción colectiva espectacular, Alfaro remachaba un servizo de Kevin.

Co 1-0, os coruñeses puideron ampliar a renda, e tiveron boas ocasións. Mesmo pediron un penalti nunha internada de Kevin. Pero os asturianos aproveitaron a súa ocasión. Foi nunha contra na que Aarón tivo que cometer falta, e viu o segundo cartón amarelo. O saque da falta colocouno Samu Pérez na escuadra. 1 a 1 no minuto 92.

O Fabril intentou marcar o segundo, pero xa non quedaba tempo. Ao final, empate que deixa aos coruñeses con 7 puntos en 6 xornadas. O Langreo pisa momentaneamente postos de promoción de ascenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar