O triunfo escapoulle ao Racing na última xogada do partido (1-1)

Álvaro Giménez marcou no 72 pero Fer Niño empatou no 96, cando xa non había tempo para reaccionar

G24.gal 19/11/2023 15:44 Última actualización 19/11/2023 16:00

O Racing perdeu a posibilidade de acabar en postos de ascenso directo por un gol no minuto 96 marcado por Fer Niño. O soño do racinguismo de acadar catro vitorias seguidas frustrouse no último intre despois dun partido en que o cadro ferrolán volveu amosar todas as súas virtudes. 

Contra o Burgos volveu amosar esas feituras de cadro sólido e sobrio. Sen facer concesións en defensa e buscando a velocidade en ataque. Sen Héber (entrou Vadillo no seu lugar) foi Carlos Vicente o primeiro en avisar no minuto 13. Vadillo e Álvaro Giménez puideron marcar no primeiro tempo e só Espiau incomodou a Cantero nesa primeira parte.

No segundo tempo vimos un Burgos un chisco máis ambicioso, pero sen xerar perigo real sobre a porta local. Cristóbal meteu no partido a Manu Justo, que lle deu outro aire ao ataque do Racing. Manu avisou no 63 e no 71 foi Álvaro Giménez o que acertou coa porta rival. 

O obxectivo de marcar un gol estaba conseguido. O resto era aguantar no aspecto defensivo, e aí poucos conxuntos son tan bos coma o Racing. Pero no minuto 96 Fer Niño recibiu en profundidade, encarou a Cantero e conseguiu o gol do empate, o primeiro punto que logra o Burgos como visitante esta temporada. 

 Parralo ante a pregunta de se reconforta estar con 27 puntos e na zona de play-off

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos