Publicador de contidos
Publicador de contidos

Celta-Vizela, o segundo amigable tamén se verá na G2

Celta-Vizela, o segundo amigable tamén se verá na G2

Este sábado ás 20:00 horas enfróntase o cadro celeste ao equipo que dirixe Rubén de la Barrera e no que xoga Héber Pena

G24.gal 17/07/2024 18:15

Este sábado xogarase na Lomba de Vilagarcía o segundo amigable da pretemporada do Celta. O rival será o Vizela, que o ano pasado descendeu da Primeira División da Liga Portuguesa. O conxunto portugués está adestrado polo galego Rubén de la Barrera e asinou esta temporada ao excapitán do Rácing de Ferrol Héber Pena. Tamén hai outro xogador con pasado galego como o ucraíno Orest Lebedenko. 

Será outra xornada de probas para Claudio Giráldez logo do empate (2-2) recollido diante do Benfica. O rival é de menor entidade, pero ten unha semana máis de adestramento nas pernas que o conxunto vigués e chegará máis rodado no aspecto físico á cita. 

Outra boa oportunidade para ir coñecendo con que xogadores conta e con cales non para o técnico porriñés que vai debullando o equipo que comezará a mediados do mes de agosto o campionato de Liga 24-25. O partido poderá verse pola G2 e pola plataforma Agalega.gal en directo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos