Cargando resultados...
Charles falla un penalti e o Pontevedra non pasa do empate
G24.gal
14/11/2021 19:02
Charles tivo o gol do triunfo do Pontevedra no minuto 82 pero o porteiro do Navalcarnero intuíu o seu lanzamento e evitou o noveno gol da temporada do dianteiro pontevedrés.
Nun partido pouco brillante e con ocasións a contagotas, os dous equipos estiveron fortes en defensa e souberon neutralizar as virtudes ofensivas do seu adversario.