Cargando resultados...
Chega ao Emevé Patricia Aranda, un mito do voleibol en España
Chega ao Emevé Patricia Aranda, un mito do voleibol en España
Aos seus 44 anos segue a ser considerada unha das mellores colocadoras do mundo
G24.gal
04/07/2023 15:46
Patricia Aranda foi presentada como a pedra angular do proxecto do Arenal Emevé da vindeira temporada. A entidade lucense acaba de fichar a experimentada xogadora granadina.
Corenta e catro anos. Máis de dúas décadas de recitais pola liga española, francesa e peruana. Será a estrela do Emevé e unha motivación para as xogadoras que medran na canteira. O cerebro do equipo de Pascual Saurín.
Aranda gañou unha Liga, tres Copas e dúas Supercopas en España. En Francia foi nomeada mellor xogadora da competición e está considerada entre as sete mellores de todos os tempos do voleibol en España.