Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Guaguas non lle fai ningunha concesión ao Emevé

O Guaguas non lle fai ningunha concesión ao Emevé

Vitoria nos cuartos de final do gran favorito para facerse coa Copa por un contundente 3-0

G24.gal 24/02/2023 21:18

O Arenal Emevé non tivo ningunha opción diante do CV Guaguas de Gran Canaria. Perdeu por 3-0 e non tivo opción de pelexar ningún dos tres sets do partido. 

Era unha posibilidade lóxica despois de ver a traxectoria do equipo canario ao longo da temporada con 19 vitorias e ningunha derrota. O Emevé buscaba a sorpresa no torneo do KO pero demostrou estar lonxe das prestacións amosadas polo seu rival. 

O primeiro set acabou cun 25-18 (23 minutos) e o segundo resolveuse dun xeito moi claro por 25-13 en só 20 minutos. O terceiro foi polo mesmo camiño resolto polo Guaguas cun 25-18.

A calidade e poderío físico de estrelas como Paolo Zonca, Matthew Knigge ou Yadrián Escobar desnivelou a balanza desde o primeiro minuto. Dabondo fixeron os xogadores lucenses, un equipo dos máis novos desta Copa do Rei e aos que lle servirá como unha grande aprendizaxe. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade