Publicador de contidos
Publicador de contidos

Marián Mouriño e Claudio coinciden na mensaxe: "Queremos un Celta ambicioso"

Marián Mouriño e Claudio coinciden na mensaxe: "Queremos un Celta ambicioso"

A presidenta e o adestrador estiveron no programa Ao Contraataque da Radio Galega

G24.gal 21/11/2024 23:27

Comezou forte Claudio a entrevista cando lle dixeron que os adestradores que estaban en Europa sufrían moito máis pola cantidade de roldas de prensa que tiñan e o do Celta deixou un simpático "verémolo".

O adestrador repasou a súa traxectoria como xogador e como adestrador, as aprendizaxes e experiencias que o levaron ata o primeiro equipo do Celta. As súas ambicións a longo prazo e tamén no curto prazo porque confesou que "ten un plan para gañarlle ao Barcelona". 

Logo chegou a quenda da presidenta Marián Mouriño que comezou aclarando a situación que houbo na Xunta de Accionistas sobre os comentarios de Abanca. Loou a figura do novo adestrador como un alicerce no proxecto e confesou cales foran os retos conseguidos e os futuros. "O reto era gañarnos á afección e creo que o conseguimos en pouco tempo grazas ao adestrador, a canteira, o himno, o departamento de comunicación ..." e o reto futuro é facer competir o Celta nun mundo cada vez máis globalizado e no que as multiplataformas marcan a tendencia por riba dos clubs. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar