Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rácing non admite sorpresas no campo do Cuarte (1-3)

O Rácing non admite sorpresas no campo do Cuarte (1-3)

O gol de Vallejo antes do minuto dez axudou a controlar o ímpeto local

Os dianteiros Jáuregi e Álvaro Giménez tamén viron porta

G24.gal 31/10/2024 22:12 Última actualización 31/10/2024 22:33

O Rácing non deu marxe de sorpresa e impúxose por 1-3 ao Cuarte aragonés. O temperán gol de Manu Vallejo de penalti axudou moito a que o equipo galego, de superior categoría, manexase o partido con certa tranquilidade. 

Aos oito minutos xa estaban por diante os ferroláns despois dun penalti cometido sobre David Castro. Non houbo demasiadas ocasións na primeira metade pero Jáuregi aproveitou unha das poucas que xerou o Rácing para marcar o segundo no minuto 32. 

No segundo tempo o Cuarte empurrou e conseguiu marcar un gol pero foi anulado por unha man anterior. No minuto 62 o xuvenil Carballo foi derrubado na área e Álvaro Giménez marcou o 0-3 poñendo o punto e final á eliminatoria. Xa no engadido marcou o equipo aragonés o gol da honra nunha acción a balón parado que culminou Dani Solbes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade