O San Tirso aguanta unha hora diante do Español (0-4)
O San Tirso aguanta unha hora diante do Español (0-4)
O gol de Alejo Veliz acabou coas esperanzas dun equipo coruñés que encaixou os tres últimos goles no treito final
O San Tirso, do grupo norte da Preferente Autonómica galega, gardará para sempre o partido que xogou en Riazor diante do Español, un conxunto da Primeira División. Malia as seis categorías de diferencia o conxunto de Abegondo presentou unha dura batalla e aguantou o empate a cero durante sesenta minutos.
Puido adiantarse pronto o conxunto españolista pero o penalti lanzado por Pere Milla foi contra o pau. Despois estrelouse contra o porteiro do San Tirso, un Adrián Castro que estivo espectacular o tempo que se mantivo no terreo de xogo. Ata que chegou o gol de Alejo Veliz (minuto 55) foi un pesadelo para os dianteiros cataláns.
O gol calmou o ímpeto españolista, que se dedicou a controlar o partido sen tomar máis riscos. O San Tirso buscou o remate nun par de oportunidades, pero sen inquietar o porteiro visitante. Nos últimos minutos o Español sentenciou con goles de Cardona (85') e Veliz (86' 91') que completou unha tripla.