O Emevé comeza a Copa do Rei ante o Guaguas, invicto na Superliga
O Emevé comeza a Copa do Rei ante o Guaguas, invicto na Superliga
Soria acolle a 48ª edición da Copa do Rei, en que se darán cita os oito mellores equipos da Superliga
O Emevé Lugo ten mañá un gran reto na fase final da Copa do Rei. Os lugueses crúzanse nos cuartos de final co peor rival posible, o Guaguas canario.
Jose Valle, adestrador: "O Guaguas está por riba de todos os rivais, está feito para gañar todos os títulos".
Soria acolle desde este xoves a 48ª edición da Copa do Rei, na que se darán cita os oito mellores equipos da Superliga na primeira volta.
O pavillón dos Pajaritos volverá ser cinco anos despois punto de atención do voleibol español, nunha nova edición da Copa de Rei no que o club soriano vendeu 650 abonos para presenciar no pavillón unha competición na que o Guaguas, invicto nas 19 xornadas disputadas da Superliga, é o rival para bater.