Publicador de contidos
Publicador de contidos

O San Sadurniño busca na casa o ascenso á Superliga de voleibol

O San Sadurniño busca na casa o ascenso á Superliga de voleibol

Ás doce da mañá enfrontarase ao Eivissa Volley e ás oito da tarde xogará contra o Leganés

G24.gal 25/04/2024 15:56 Última actualización 25/04/2024 16:02

Os seis mellores clubs da Superliga Masculina 2 disputan a partir de hoxe en San Sadurniño a fase de ascenso á Superliga Masculina, a máxima competición de voleibol a nivel nacional.

Entre os participantes está o equipo anfitrión, o Aldebarán Intasa, de San Sadurniño, preparado por Pablo Parga, que conta cun equipo moi novo pero que parte entre os candidatos para lograr unha das dúas prazas de ascenso á elite.

"Os rivais teñen máis orzamento pero imos por todo, aquí aínda non perdemos este ano".

A entidade confía en conseguir o apoio dos afeccionados ao voleibol de Ferrolterra e mesmo chegados doutros puntos da comunidade galega. O Intasa de San Sadurniño debutará na xornada do venres. Ás doce da mañá enfrontarase ao Eivissa Volley e ás oito da tarde xogará contra o Leganés.

Dous partidos dunha grande esixencia no mesmo día, que obrigarán os de Ferrolterra a un enorme esforzo físico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade