Publicador de contidos
Publicador de contidos

Claudio sabe a receita para gañarlle ao Real Madrid: "Que non corran"

Claudio sabe a receita para gañarlle ao Real Madrid: "Que non corran"

O adestrador non ofrece pistas sobre o equipo titular e tentará sorprender a Ancelotti no aspecto táctico

G24.gal 18/10/2024 15:37

Non ten substituto, pero alguén terá que facer de Iago Aspas coa visita do Real Madrid. Quen ocupará o lugar do futbolista máis influente da historia do Celta castigado mañá por unha decisión cuestionable dun árbitro?

Algo está na cabeza de Claudio. Moriba, pendente dunha cautelar. O obxectivo é que o Real Madrid non corra. Trampas para tratar de minimizar os recursos poderosos do Real Madrid. A aliñación do Celta é unha incógnita: Bamba, Hugo Álvarez cambiado de banda, posición adiantada de Mingueza, Douvikas, Borja Iglesias, un debuxo táctico innovador... Moitas opcións, pero só Claudio Giráldez ten a resposta e ata o mesmo día do partido non a coñeceremos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos