Publicador de contidos
Publicador de contidos

Co cartón azul haberá expulsión de 10 minutos por protestar ou cometer faltas tácticas

Co cartón azul haberá expulsión de 10 minutos por protestar ou cometer faltas tácticas

A Federación inglesa está disposta a empregar as novas tarxetas nos partidos de Copa e de Copa Feminina da vindeira campaña

G24.gal 09/02/2024 13:19 Última actualización 09/02/2024 13:23

Como dende a chegada do VAR a arbitraxe está a vivir tempos prácidos e tranquilos, a International Board decidiu complicar un pouco máis as cousas. O organismo encargado de elaborar as regras do fútbol decidiu que a partir do vindeiro verán, ademais de cartóns amarelos e vermellos os colexiados poderán amosar tamén cartóns azuis.

Esta nova sanción castigará cunha expulsión temporal de 10 minutos aos xogadores que cometan faltas tácticas ou protesten as decisións dos árbitros. Ademais un xogador será expulsado definitivamente do encontro se ve dous cartóns azuis ou se ve un azul e un amarelo.

A Federación inglesa está disposta a empregar as novas tarxetas nos partidos de Copa e de Copa Feminina da vindeira campaña, aínda que o primeiro obxectivo era probar o funcionamento dos cartóns azuis en ligas e categorías menores.

De feito están descartados para a Eurocopa de Alemaña e para a Champions da vindeira temporada. Non todo o mundo é entusiasta desta innovación, por exemplo, o presidente da UEFA, Aleksander Ceferin está completamente en contra xa que dixo "isto non é fútbol".

É de agardar que a implantación dos novos cartóns sexa tan sinxela e inmune á polémica como foi a do VAR.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos