Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a Primeira Federación para os catro equipos galegos da categoría

Comeza a Primeira Federación para os catro equipos galegos da categoría

O Lugo e o Celta Fortuna saen con obxectivos ambiciosos

O Arenteiro e o Ourense C. F. loitarán pola permanencia

G24.gal 24/08/2024 15:21

Comeza unha nova tempada da Primeira Federación, na que catro equipos galegos loitarán por cumprir obxectivos. O Lugo estréase este sábado diante dun dos favoritos, a Cultural Leonesa. O Lugo contará cun novo reforzo no ataque, Martín Ochoa. O rioxano chega cedido do Deportivo na busca de minutos.

Ao mesmo tempo que o Lugo, tamén se estreará o Ourense Club de Fútbol, cunha dura visita ao Nástic de Tarragona nunha tempada histórica. Despois da gran campaña do ano pasado, e cun grupo de xogadores que mestura pezas clave do ascenso con novas incorporacións, os ourensáns buscarán a permanencia para consolidarse pouco a pouco na categoría.

O domingo arrincarán o Celta Fortuna, que loitará outro ano máis polo ascenso coas perlas da canteira celeste, que sempre fan un grandísimo papel e pelexan cada partido, e o Arenteiro, que chega de ser o equipo revelación a pasada campaña, pero que sufriu baixas importantes, como a do adestrador, Javi Rey, ou a de Luis Chacón. Cun novo proxecto, tentarán igualar o bo rendemento do curso anterior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos