Comeza o expediente para que a Malata pase a chamarse Isidro Silveira
Comeza o expediente para que a Malata pase a chamarse Isidro Silveira
Ábrese un prazo de 30 días de exposición pública tras a aprobación no pleno municipal coa única abstención do BNG
O expediente para o cambio de denominación do estadio da Malata polo de estadio municipal Isidro Silveira é unha realidade. Tras o pleno celebrado este xoves, a proposta saíu adiante cos votos a favor de PP, PSOE e Ferrol en Común e a abstención do BNG.
Mesmos apoios que os concitados o pasado marzo cando se aprobaba a moción elevada polos socialistas dando un paso adiante nunha iniciativa coa que render tributo ao gran mecenas do Rácing Club Ferrol.
A proposta deu os seus primeiros pasos co socialista Antonio Golpe no cargo de edil de Deportes tivo continuidade coa chegada ao goberno local dos populares. Agora, unha vez sexa publicado o expediente, as persoas interesadas poderán facer chegar as súas propostas a través de rexistro cubrindo o modelo de solicitude xeral dispoñible na páxina web do Concello.