Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezan en Riad as conversas con Rusia para un posible cesamento do fogo en Ucraína

Comezan en Riad as conversas con Rusia para un posible cesamento do fogo en Ucraína

A reunión prodúcese tras o encontro mantido este domingo na capital saudita entre representantes de Ucraína e dos Estados Unidos

 

G24.gal 24/03/2025 09:00

As delegacións rusa e estadounidense comezaron este luns as negociacións en Riad coa intención de sentar as bases para establecer un posible cesamento do fogo na guerra en Ucraína.

As conversas celébranse no hotel Ritz-Carlton da capital saudita. A delegación rusa está encabezada polo presidente do comité de Asuntos Internacionais do Senado ruso, Grigori Karasin, e por Sergei Beseda, asesor do director do Servizo Federal de Seguridade (FSB).

Esta reunión segue á que mantiveron onte á noite na capital saudita representantes de Ucraína e dos Estados Unidos para discutir os detalles dun posible cesamento do fogo total de 30 días. O debate foi cualificado de produtivo polo ministro ucraíno de Defensa, Rustem Umerov, na rede social X.

O xefe da delegación ucraína recalcou que o obxectivo do presidente ucraíno Volodimir Zelenski é asegurar unha paz xusta e duradeira para o país invadido e os seus cidadáns, e por extensión para toda Europa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade