Cargando resultados...
Comezo decepcionante de Brasil na Copa América
Non conseguiu marcar a Costa Rica (0-0)
Colombia gañoulle a Paraguai por 2-1
G24.gal
25/06/2024 08:39
Comezo decepcionante da selección do Brasil na Copa América. O equipo canarinho non pasou do empate ante Costa Rica no que semellaba un inicio doado. Con Vinícius, Rodrygo e Rafinha como dianteira titular, Brasil non acertou en ningunha das ocasións que tivo para marcar. O mellor xogador do partido foi o exporteiro do Lugo e do Celta B Patrick Sequeira.
Mellor comezaron as cousas para Colombia, que lle gañou por 2-1 a Paraguai. Daniel Muñoz e Jefferson Lerma marcaron no primeiro tempo para os colombianos. Os paraguaios acurtaron diferenzas cun gol de Enciso pero non culminaron a remonta.