Compostela homenaxea a Rafael Silva, que hai 50 anos fundou a librería Follas Novas
Entre as visitas máis ilustres está a de Gabriel García Marquez
Este martes celebrouse a homenaxe que Santiago lle rende a Rafael Silva Costoyas, o fundador da librería Follas Novas. O presidente da Fundación Rosalía de Castro e tamén o alcalde, entre outros, sumáronse a esta iniciativa da asociación veciñal Raigame para conmemorar os 50 anos que leva xa no centro da cidade a mítica librería.
Follas Novas sempre aí, dende 1971, cando aínda había leiras no Ensanche compostelán e cando guindaban pedras seguido contra o escaparate da librería.
Comezou a librería cunhas ducias de libros que hoxe, medio século despois, son algúns máis.

Entre algunhas das visitas ilustres está a de Gabriel García Marquez.
Rafael Silva Costoyas: 50 anos de libreiro, 83 anos de home que se di humilde. Segue indo traballar cada día, cre firmemente no futuro do papel e di non merecer o que merece.