Publicador de contidos
Publicador de contidos

Condenado na Coruña a 11 anos de cárcere por violar a filla da súa parella

Condenado na Coruña a 11 anos de cárcere por violar a filla da súa parella

As agresións comezaron cando a vítima tiña 15 anos

O procesado ameazaba a rapaza con deixar a súa nai e botalas da casa se non accedía a manter relacións sexuais con el

Teléfonos contra a violencia de xénero Teléfonos contra a violencia de xénero
G24.gal 30/05/2024 16:53

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a 11 anos de cárcere ao autor dun delito continuado de agresión sexual unha menor de 16 anos aproveitándose da súa situación de superioridade. Tratábase da filla da súa parella

Segundo consta na sentenza 27 de maio que publicou este xoves o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o procesado era parella da nai da vítima, polo que o fixo “exercendo un rol similar ao paterno sobre a menor”, circunstancia da que se aproveitou. Segundo o fallo, Tamén tomou vantaxe da idade da nena, xa que cando comezaron as agresións tiña 15 anos.

Ademais, o tribunal impúxolle a prohibición de aproximarse a menos de 500 metros da menor, ao seu domicilio ou a calquera lugar onde se atope, así como de comunicarse con ela por calquera medio ou procedemento durante 18 anos.

Os maxistrados tamén o inhabilitaron durante dez anos para o exercicio dos dereitos de patria potestade, tutela, curatela, garda ou acollemento e para exercer calquera profesión ou actividades, sexan ou non retribuídas, que supoñan contacto regular e directo con menores de idade.

Tamén lle impuxeron dez anos de liberdade vixiada e o pago dunha indemnización á vítima de 15.000 euros. O procesado, segundo consta na sentenza, declarouse culpable unha vez que se lle informou sobre os feitos polos que foi acusado.

“En varias ocasións a menor manifestoulle a súa negativa para manter relacións sexuais con el, dobregando a vontade da menor e a súa negativa para manter relacións sexuais dicíndolle, entre outras expresións, que se non accedía deixaría á súa nai e os botaría de casa”, indica o tribunal na sentenza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade