Conta atrás para as eleccións do 9 de xuño, ás que están chamados 370 millóns de europeos
Conta atrás para as eleccións do 9 de xuño, ás que están chamados 370 millóns de europeos
Tres xornalistas utilizar as redes sociais para animar o voto entre os mozos
Elas son María, Cristina e Amaia, tres xornalistas que decidiron utilizar as redes sociais para achegarlles aos máis novos a importancia desta cita electoral.
"Queremos poñer enriba da mesa cousas coma o Erasmus, o Roaming, o euro ou a libre circulación. E que a xente tivera presente que todo iso ven da Unión Europea", di María Moya, creadora de contido dixital.
España é un dos 27 membros da Unión Europea que ten unha participación máis alta. Pero o 12 % dos votantes entre 18 e 30 anos non pensa participar nestes comicios.
E é que o 60 % das normas que se aplican nos países membros proceden das decisións do Parlamento Europeo.
"Consideramos que é necesario darlle un empurrón a estas eleccións e fomentar o voto dos mozos que é moi importante para que esteamos ben representados", defende Amaia Echevarría, creadora dixital de contido.
Máis de 370 millóns de cidadáns están chamados a participar nestas eleccións que marcarán a vida dos europeos nos próximos cinco anos.