Publicador de contidos
Publicador de contidos

Couceiro mantén a idea "irrenunciable" de volver ao fútbol profesional

Couceiro mantén a idea "irrenunciable" de volver ao fútbol profesional

O presidente do Deportivo quere un equipo que estea "á altura da afección"

G24.gal 12/06/2022 12:00

Malia estar tocado polo "non ascenso", o presidente do Deportivo, Antonio Couceiro, quixo mandar unha mensaxe de tranquilidade aos afeccionados do club coruñés. "Loitaremos por levar o Deportivo a onde merece, e estar á altura da afección", comentou o mandatario que reiterou o agradecemento ao público. 

Tamén anunciou que "o luns volveremos ao traballo co obxectivo irrenunciable de volver ao fútbol profesional" confirmando o ambicioso proxecto que iniciaron esta temporada. O que non quixo foi falar da continuidade de Borja Jiménez como adestrador e recoñeceu que "xogalo todo a un partido ten estas cousas". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos