O Crat queda sen a liga no último segundo
O Crat queda sen a liga no último segundo
Remontou o 10-0 inicial do Majadahonda e púxose 10-12, pero un golpe de castigo no tempo engadido decidiu a final (13-12)
O Crat quedou sen a terceira liga da súa historia ao recibiren un golpe de castigo por riba do minuto oitenta (13-12). O Majadahonda proclamouse campión por segundo ano consecutivo.
O equipo madrileño saíu facendo moita presión e conseguiu adiantarse cun golpe de castigo (3-0). Mediado o primeiro tempo acadou un ensaio (10-0) diante do que respondeu o Crat que antes do final do primeiro tempo recortaba diferenzas con outro ensaio (10-7).
O partido estivo moi igualado no segundo tempo ata que o Crat conseguiu o segundo ensaio (10-12) sen transformación. Só había que aguantar os catro minutos que quedaban de partido. Pero a presión á desesperada do Majadahonda deu o seu froito e forzaron un golpe de castigo xusto cando se cumpría o tempo regulamentario. Cristina López non errou e converteuse na xogadora decisiva do partido.