Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cristóbal: "Conseguir unha vitoria dá confianza e fainos ver que é posible"

Cristóbal: "Conseguir unha vitoria dá confianza e fainos ver que é posible"

Cristóbal Parralo recibiu esta mañá un premio que lle outorga o Comité Galego de Adestradores pola gran tempada do Rácing de Ferrol na pasada campaña

Foto cedida
G24.gal 10/10/2024 15:58 Última actualización 10/10/2024 16:05

Cristóbal Parralo, en representación do seu equipo técnico, recibiu esta mañá un premio que lle outorga o Comité Galego de Adestradores da Federación Galega de Fútbol pola gran tempada do Rácing de Ferrol na pasada campaña na liga Hipermotion.

Iván Cancela, presidente do Comité Galego de Adestradores, foi o encargado de entregarlle o galardón nun acto que tivo lugar esta mañá no campo da Malata. Este galardón pon en valor os méritos deportivos do equipo técnico do Rácing, pero tamén polo seu comportamento exemplar e os valores na pasada tempada.

O técnico do Rácing de Ferrol tamén falou esta mañá sobre o encontro para disputar en Cartaxena, o sábado ás catro e cuarto da tarde. Asegura que foi unha semana diferente de traballo polo bálsamo da vitoria contra o Elxe.

"Si que é verdade que conseguir unha vitoria dá confianza e a nós facíanos moita falta, xa que a viñamos perseguindo desde hai tempo. A vitoria fronte ao Elxe fíxonos ver que era posible e que tanto traballo viuse gratificado con puntos, cunha vitoria, que era o que queriamos".

Para este encontro o técnico non poderá contar con Bebé, xa que foi convocado para xogar coa selección de fútbol de Cabo Verde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar