Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cristóbal: "Hai que esquecerse do pasado porque senón non daremos un paso adiante"

Cristóbal: "Hai que esquecerse do pasado porque senón non daremos un paso adiante"

O Rácing xoga ante un Cádiz que gañou 1-3 a domicilio

G24.gal 13/09/2024 15:26 Última actualización 13/09/2024 16:06

Ancorarse no refuxio do pasado ou angustiarse por un futuro inexistente non axudan a un Rácing que, aínda que con caras familiares e os mesmos capitáns ao mando da nave verde, conta con novos tripulantes para, iso si, chegar ao mesmo porto que aqueles quen substituíron.

E así o quixo aclarar un Cristóbal Parralo ao que, polo menos xa con todas as pezas para poder voar, a néboa na pista para aterrar na primeira vitoria vaise despexando.

“Sería un erro pensar que dentro do cadro de xogadores temos un Iker Losada, gustarianos ter un xogador así, e estivemos mirando o mercado, pero hai que adaptarse ao persoal que temos e non hai Iker”, sentenciaba o preparador.

"Hai que facelo no presente e no futuro e esquecernos dos xogadores que había porque senón non daremos un paso adiante”.

Parralo baleira o vello combustible da nave verde á espera de que, co paso dos quilómetros, o novo lle proporcione a velocidade adecuada para a categoría. O Rácing chegará ao Nuevo Mirandilla disposto a dar un golpe sobre a mesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar