Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cristóbal non ten dúbida de que o Rácing se levantará en Tenerife

Cristóbal non ten dúbida de que o Rácing se levantará en Tenerife

Coa derrota do luns ante o Mirandés os galegos perderon unha oportunidade única de achegarse á sexta posición

G24.gal 03/05/2024 13:56 Última actualización 03/05/2024 15:15

O Rácing de Ferrol, o seu equipo, a súa afección e o seu corpo técnico parecen dixerir xa a derrota do pasado luns ante o Mirandés, a pesar de que estaban moi ilusionados e tiñan entre o seu obxectivo máis inmediato sumar tres puntos que o levantasen a postos de 'playoff', nos que non están desde a 28ª xornada.

"Facilitou moito o seu primeiro gol a maneira de xogar do Mirandés, condicionounos de novo outro erro e fomos costa arriba", aseguraba tras o choque o técnico do equipo galego.

Non ten dúbida o adestrador dos galegos de que o equipo competirá e sacará o mellor en Tenerife para sumar tres puntos.

"Quedan puntos e temos opcións, dóenos, pero levantarémonos e traballaremos duro para sumar tres puntos esta fin de semana".

O obxectivo do Rácing e tratar de evitar os erros dos inicios de partido

"Ás veces hai erros de difícil solución. Son da toma de decisións".

Os ferroláns seguen tendo opcións de meterse na loita polo ascenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade