Publicador de contidos
Publicador de contidos

Meninas de Canido incorpora este ano máis de 20 murais de gran formato e 14 concertos de balde

Meninas de Canido incorpora este ano máis de 20 murais de gran formato e 14 concertos de balde

"Temos aquí catro dos mellores muralistas do mundo. Creo que estamos a xogar noutra liga un pouco superior á do ano pasado", di o director do evento

G24.gal 06/09/2024 21:39 Última actualización 06/09/2024 22:00

Co spray na man atopamos a andaluza MaríaDie, artista recoñecida internacionalmente, quen xa estivo en Canido en 2018 e volve este ano cunha nova interpretación do cadro de Velázquez. "Non tanto a historia ou o percorrido que ten o cadro ou da obra en si, senón o que pode pasar nun futuro", di a muralista. 

Volve a Canido un ano máis Sfhir, autor do mellor mural do mundo en 2023 dando vida a unha violonchelista no concello de Fene. O Festival das Meninas contará este ano con máis de 20 murais de gran formato. "Temos aquí a catro dos mellores muralistas do mundo. Creo que estamos a xogar noutra liga un pouco superior á do ano pasado", sinala Eduardo Hermida, director e fundador das Meninas de Canido.

Entre a presenza galega, nomes consolidados como Diego As e outros que comezan como a coruñesa Beucha, quen participa por primeira vez cunha obra cargada de referencias persoais e familiares: "Ao final fixen unha fusión de todas as ideas que tiña e o que máis me convenceu, o primeiro, toda a liña alta cos edificios do meu bisavó Rodolfo Ucha". "Hai moita xente nova que me fai sentir orgullo de ver que hai unha xeración de rapaces con moita fora e calidade técnica e uns grandísimos artistas", engade Eduardo Hermida.

Durante toda a fin de semana o barrio de Canido volverá encherse de arte que virá acompañada dun amplo programa de actividades con obradoiros, mostras de artesanía, oferta gastronómica e por suposto música, outro dos pratos fortes do festival con concertos a cargo de catorce grupos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar