Publicador de contidos
Publicador de contidos

Derrúbase a fachada dun edificio en rehabilitación en Ferrol

Derrúbase a fachada dun edificio en rehabilitación en Ferrol

A edificación, situada no Ferrol Vello, conta con licenza de obras, e actualmente estaban a traballar nela

G24.gal 06/09/2024 12:57

A fachada dun inmoble que estaba en proceso de rehabilitación, situado no número 7 da rúa Murillo, no barrio de Ferrol Vello, esborrallouse nun incidente en que non se rexistraron feridos.

Os feitos producíronse sobre as 5:20 horas deste venres; rexistráronse danos materiais, pero sen ter que lamentar persoas feridas, segundo trasladaron a Europa Press fontes municipais.

A edificación conta con licenza de obras e actualmente estaban a traballar no inmoble. Á zona desprazáronse os Bombeiros de Ferrol e tamén axentes da Policía Local de Ferrol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade