Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vivos de miragre en Vigo logo de caerlles o tellado da casa

Vivos de miragre en Vigo logo de caerlles o tellado da casa

Os bombeiros consideran milagroso tamén que non se ferise ningún peón, porque o tellado caeu directamente na rúa

G24.gal 27/08/2024 14:54

Puido ser unha traxedia, pero todo quedou nun susto. Cinco veciños dun edificio de Vigo aos que lles caeu o tellado cando estaban dentro lograron salvar a vida. Ocorreu no barrio de Lavadores: o tellado cedeu cando estaban dentro do edificio as dúas familias que viven nel, unha parella no baixo e dous irmáns co seu pai no primeiro andar.

Os bombeiros consideran milagroso tamén que non se ferise ningún peón, porque o tellado caeu directamente na rúa. No desaloxo das dúas familias houbo momentos de tensión, porque un dos afectados negábase a marchar e tivo que detelo a policía. Os traballos de desentullo levaron varias horas, e agora a casa está apuntalada e sen cuberta, á espera de que se avalíen os danos estruturais. Todo apunta a que a derruba se debeu á mala execución dunhas obras. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade