Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cubero: "Temos moito potencial e hai que aproveitalo"

Cubero: "Temos moito potencial e hai que aproveitalo"

O Rácing viaxa a Zaragoza disposto a rachar a mala xeira como visitante e a manter as opcións de loitar polo ascenso

G24.gal 16/05/2024 20:48

O Rácing xoga o domingo en Zaragoza, ante un rival que aínda non ten asegurada a permanencia. O play-off está a catro puntos, pero en Ferrol ninguén se rende malia non gañar fóra dende xaneiro. Cubero insiste en que non paga a pena darlle voltas a iso e pensar só en que a vitoria é posible.

"Non me volvo tolo en cambiar as cousas, temos moito potencial e hai que aproveitalo", dixo o lateral Cubero. O xogador do Rácing considera que poden conseguir xogar a fase de ascenso "perfectamente".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos