Cumio en Xordania para desescalar a tensión en Cisxordania
Cumio en Xordania para desescalar a tensión en Cisxordania
A Autoridadade Palestina e Israel amósanse dispostas a rebaixar a tensión de cara ao Ramadán
En Xordania hai mediadores dos Estados Unidos e Exipto
Un ataque israelí con once mortos, a chama que prendeu a violencia na zona de novo
Dous colonos xudeus morreron o domingo
Representantes de seguridade da Autoridade Palestina e israelís comprométense a unha desescalada no terreo, despois do incremento da violencia en Cisxordania. Nas últimas horas en Hawara houbo ataques efectuados por colonos xudeus en resposta á morte de dous deles tras un tiroteo.
O conflito recruou despois dunha redada militar israelí en Nablús en que morreron once palestinos.
Os negociadores están en Xordania, que organiza unhas conversas de alto nivel para calmar as tensións antes do Ramadán; nelas, están presentes tamén mediadores dos Estados Unidos e de Exipto.