Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fai 18 anos da chegada do tiburón Gastón ao acuario da Coruña

Fai 18 anos da chegada do tiburón Gastón ao acuario da Coruña

É unha das principais atraccións do acuario dende que chegara de Brest, onde tivo problemas con outros tiburóns da súa especie

É o animal máis grande do Aquarium Finisterrae

G24.gal 24/05/2024 20:54

É o inquilino máis ilustre da sala Nautilus, onde nada acompañado de centos de peixes. Trátase de Gastón, o tiburón touro que tal día coma hoxe pero de hai 18 anos chegaba ás instalacións do Aquarium Finisterrae.

Para Francisco Armesto, director do Aquarium Finisterrae, "Gastón é especial porque é o noso tiburón touro. É o animal máis grande e máis voluminoso que temos no acuario, é un animal que precisamente por estas condicións causa moito atractivo"

Gastón procede do acuario de Brest, na Bretaña francesa, onde non tivo unha estadía agradable polos conflitos continuos que tiña con outros individuos da súa especie.

Aínda así, o acuario da Coruña quixo facerse con el, tal e como explica Armesto: "O caso é que cando no acuario soubemos desta situación, ofrecemos as nosas instalacións para traelo aquí e tras un illamento de dous meses en Brest".

Por sorte, Gastón adaptouse con gran facilidade. Agora mide dous metros e medio, pesa 140 quilos e converteuse nunha lenda do Aquarium Finisterrae.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade