Matan unha egua dun tiro na serra da Groba, no concello de Baiona
Matan unha egua dun tiro na serra da Groba, no concello de Baiona
Os gandeiros dubidan que o disparo fose accidental
A Garda Civil investiga a morte do animal
"O cabalo vino eu á mañá, cando subín para arriba, vin o cabalo coas pernas levantadas. É unha egua de cinco anos e está preñada". "Foi cun impacto de bala. Foi un tiro, ademais déronlle no sitio, déronlle na arca, nos pulmóns e máis no corazón, morreu rápido", di Modesto Domínguez.
O presidente dos gandeiros da serra da Groba conta como encontrou o animal morto o domingo ao amencer preto da estrada de Baíña, no concello de Baiona. Modesto dubida que un tiro tan certeiro puidera deberse a un accidente.
"Foi arriba no Cortelliño, nun monte alto, que non van nin as fincas nin a nada. Tiráronlle desde a estrada, aparentemente. A Garda Civil xa levou unha aspa dunha bala expansiva", di Modesto.
Asegura que os cabalos andan soltos nun monte alto sen que exista conflito algún.
"Non, que eu saiba, ningún conflito nin entre os gandeiros nin entre os veciños", di Modesto.
Confían en que a investigación da Garda Civil poida esclarecer o sucedido.