Publicador de contidos
Publicador de contidos

De la Puente fai historia gañando o dobres do US Open de tenis en cadeira

De la Puente fai historia gañando o dobres do US Open de tenis en cadeira

É o primeiro Grand Slam para o tenista galego de 23 anos e o primeiro título de Grand Slam para un tenista español en cadeira de rodas

G24.gal 12/09/2022 12:39 Última actualización 12/09/2022 12:45

O galego Martín de la Puente, número seis do ranking ITF de tenistas en cadeira de rodas, gañou xunto co francés Nicolas Peifer o Aberto de Estados Unidos en dobres, ao superar na final por 4-6, 7-5 e 10-6 á parella británica formada por Alfie Hewett e Gordon Reid.

De la Puente e Peifer chegaron á final tras superar en oitavos aos neerlandeses Maikel Scheffers e Ruben Spaargaren por 6-4 e 6-0 e desfacerse en semifinais do tamén neerlandés Tom Egberink, número uno do mundo, e o belga Joachim Gerard, nun encontro que se resolveu cun marcador moi rifado por 3-6, 6-4 e 6-10.

Este título supón o primeiro Grand Slam para o tenista galego de 23 anos e o primeiro título de Grand Slam para un tenista español en cadeira de rodas. De la Puente e Peifer, con este Grand Slam, suman a terceira vitoria do ano xuntos en dobres. Os outros dous títulos foron o Open Británico e Open Toyota Isla de Ré en Francia.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos