Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian varios ataques con pedras ao PAC de Fingoi, en Lugo

Denuncian varios ataques con pedras ao PAC de Fingoi, en Lugo

O último proxectil entrou por unha ventá na sala de espera do centro

Félix Aragunde 03/01/2022 13:48

O PAC lugués de Fingoi sufriu en menos dun mes ata tres ataques con pedras. A última pedrada produciuse cando a sala de espera do centro se encontraba chea de pacientes. O proxectil, que estaba afiado, entrou por unha ventá aberta para ventilar. Non houbo que lamentar feridos. 

Carlos Castro, presidente de CSIF Sanidade en Galicia: "Están entrando pedras de grandes dimensións pola ventá, que afortunadamente non lle deron a ninguén. Foron dous días seguidos, e tiraron paus tamén. A policía vai e di que se non hai feridos tampouco pode facer moito". 

Ramón Ares, xerente da área sanitaria de Lugo: "Por motivos de vixilancia anticovid e para telo mellor ventilado, as ventás da sala de espera están abertas, e a través destas ventás arroxáronse dúas pedras, unha a a semana pasada e outra no día de onte".

Segundo denuncian os traballadores do centro, estes ataques veñen sumarse ás continuas agresións verbais que sofren. Piden, por tanto, que se incremente a seguridade. 

Carlos Castro, presidente de CSIF Sanidade en Galicia: "Xa dirixiu escritos á xerencia o comité de Primaria solicitando un garda de seguridade para evitar todo este tipo de agresións. Pola covid, vai moita xente e ten que esperar debido á saturación no servizo de urxencias".

Ramón Ares, xerente da área sanitaria de Lugo: "Deuse o correspondente parte á policía e estamos tomando todas as medidas para intentar mellorar a seguridade. Tanto para os usuarios, que son os que están na sala de espera, como para os propios profesionais sanitarios".  

Actualmente, os pacientes do PAC de Fingoi poden chegar a soportar esperas de ata tres horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade