Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deportivo e Lugo chegan a un acordo para o traspaso de Lebedenko

Deportivo e Lugo chegan a un acordo para o traspaso de Lebedenko

O lateral esquerdo ucraíno asina para as vindeiras dúas temporadas e media

G24.gal 21/01/2023 17:08

O lateral esquerdo ucraíno Orest Lebedenko asinou co Deportivo, onde xogará as vindeiras dúas temporadas e media. Lebedenko estaba a ser suplente no equipo do Lugo e o Deportivo tiña unha carencia importante na posición de lateral manicho coa lesión de Raúl Carnero. De feito, nas últimas xornadas o elixido para esa posición estaba a ser un central como Pablo Martínez. 

Lebedenko (23/9/98) chegou a Lugo en 2018. O seu rendemento inicial foi cativo, pero a temporada pasada, ás ordes de Rubén Albés, converteuse en indiscutible xogando 28 partidos como titular. Esta temporada estaba a ser o recambio de Zé Ricardo, o elixido tanto por Hernán Pérez como por Fran Justo no que levamos de campionato. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade