Publicador de contidos

Publicador de contidos

O San Fernando aniquila o Deportivo (0-1)

O San Fernando aniquila o Deportivo (0-1)

Un temperán gol de Gabri Martínez e o desacerto coruñés propician a primeira derrota da temporada 

G24.gal 02/10/2022 20:35 Última actualización 02/10/2022 21:04

O Deportivo perdeu o primeiro partido da temporada contra o San Fernando. A férrea defensa do equipo andaluz e o desacerto coruñés propiciaron un resultado sorprendente (0-1). 

Tras as críticas dos últimos partidos, Borja Jiménez cre que a receita é seguir traballando con tranquilidade, porque será "algo bo para todos".

A entrada fría do equipo coruñés quedou en xélida cando aos dez minutos Gabri Martínez marcaba o gol do San Fernando. O Dépor tardou máis de vinte minutos en reaccionar. Tivo un par de achegamentos nun remate de Jaime e outro de Rubén Díez sen acerto. E no engadido, Soriano probou sorte pero o seu disparo marchou desviado. 

O segundo tempo comezou como o primeiro, cunha ocasión de Gabri Martínez que perdoou o segundo nunha opción moi clara. A seguir, Quiles pediu un penalti e Soriano dispuxo doutra grande ocasión. Antes da hora de partido, o San Fernando quedou con dez por expulsión de Biabiani. 

Nin dese xeito conseguiu o Deportivo marcar na porta andaluza. Tampouco é que xerase moito fútbol ante un cadro visitante que interpretou á perfección o traballo defensivo. Yeremay e Ibai Gómez tiveron oportunidades claras. No 83 Quiles perdoou un man a man diante do porteiro do San Fernando. 

As continuas perdas de tempo visitantes provocaron que o colexiado dera dez minutos de engadido nos que o Deportivo xerou tres situacións de gol pero non acertou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade