Publicador de contidos
Publicador de contidos

Despois de case seis anos de restauración, a catedral de Notre Dame abre de novo as portas

Despois de case seis anos de restauración, a catedral de Notre Dame abre de novo as portas

Trump e Zelensky entre os mais de trinta mandatários internacionais presentes

O arcebispo de Paris abriu simbolicamente as portas de Notre Dame
G24.gal 07/12/2024 20:38

A restauración devolveulle a vida e a luz a Notre Dame

Entre estas imaxes do incendio de abril de 2019, que arrasou a maior parte da centenaria catedral de Notre Dame, en París, e estoutras... deste sábado, hai case seis anos de intenso traballo de restauración. Os especialistas converteron un templo gótico nunha catedral renovada e chea de luz, nunha restauración moi complexa e nalgúns aspectos polémica.
 

Trump e Zelensky reuníronse co presidente francés antes da cerimonia

A cerimonia, cun lado civil e outro relixioso, converteuse xa nun cumio político internacional, xa que os actos contan coa presenza de trinta e cinco xefes de Estado e de Goberno de todo o mundo, entre eles os de Alemaña, Italia e Ucraína. Tamén está presente o presidente electo dos Estados Unidos, Donald Trump, na súa primeira saída tralas eleccións norteamericanas. 
Antes do comezo dos actos, o presidente francés, Emmanuel Macron, recibiu a Donald Trump e ao ucraíno Zelensky, sen que transcendese se falaron da guerra entre Rusia e Ucraína e das posibles saídas ó conflito.
 
A cerimonia civil da reinauguración de Notre Dame ía comezar fora do templo, pero o mal tempo obrigou a facer todo no interior da catedral. Nese acto civil republicano, Emmanuel Macron resaltou a Notre Dame coma un triplo símbolo: espiritual, histórico e icónico francés.  

A primeira misa na renovada Notre Dame celebrarase este domingo

Entre os asistentes finalmente non está o Papa Francisco, polo que a condución da parte relixiosa desta reapertura dirixiuna o arcebispo de Paris, que abriu formalmente as portas do templo e ordenou a posta en marcha do órgano. A nova consagración do altar e a primeira misa  celebraranse este domingo, coa asistencia de 150 bispos de todo o mundo. A xente poderá visitar Notre Dame a partir do día dezaseis.
 

Macron ofrecerá unha cea ós invitados á reapertura da catedral de París

Tras os actos haberá un concerto e unha cea ofrecida por Macron no Elíseo na que falarán sen dúbida de política internacional e quizais tamén da política local, xa que o presidente galo segue negociando o nomeamento dun novo xefe de Goberno en Francia.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade