Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home por matar a súa muller diante dos catro fillos e incendiar a vivenda en Benalmádena

Detido un home por matar a súa muller diante dos catro fillos e incendiar a vivenda en Benalmádena

A Policía Local rescatou os catro fillos, tres menores e un maior de idade, e atopou o cadáver da muller con signos de violencia

O home, ao que detiveron ao atoparen a muller morta, fora quen chamara o 112 alertando do lume

A muller asasinada tiña 48 anos e estaba desde hai un mes en Viogen pero non tiña protección

A vivenda na que vivía a parella e na que se produciu o terrible suceso
G24.gal 09/02/2025 11:37 Última actualización 09/02/2025 21:08

A Policía Local de Benalmádena detivo este domingo un home polo presunto asasinato da súa muller este domingo nesta localidade malagueña por asasinar presuntamente a súa parella en presenza dos catro fillos, aos que parece que tamén agrediu, antes de incendiar o domicilio.

O tráxico suceso produciuse na madrugada do sábado ao domingo. Foi o propio detido quen alertou o 112 dun incendio na súa vivenda, pero cando chegou a Policía atopou o home e os catro fillos da muller fóra do inmoble e a ela dentro morta e con signos de violencia.

O corpo da vítima foi localizado unha vez que lograron apagar o lume. Foi entón cando os axentes se fixeron cargo dos menores e detiveron o home.

No piso convivían o home e a muller con tres fillos da parella, todos eles menores,  e outro fillo dela dunha relación anterior, maior de idade.

O detido, de 42 anos e de nacionalidade nixeriana. A Policía Nacional fíxose cargo das actuacións e o detido foi trasladado a dependencias policiais. Aínda que a investigación está nunha fase inicial das pescudas despréndese que os menores tamén poderían ter sido agredidos polo pai e investígase un posible episodio anterior de violencia de xénero. De feito a muller asasinada estaba desde hai un mes no sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Viogen) por unha denuncia de oficio, pero non tiña medidas de protección.

Fontes próximas á investigación din que a denuncia cursada de oficio suponse que non a presentou a vítima, poideron ser servicios sociais, sanitarios ou persoas do entorno.

.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade