Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dominio absoluto de Víctor Senra no Rally de Ferrol

Dominio absoluto de Víctor Senra no Rally de Ferrol

Marcou o mellor tempo nos sete treitos cronometrados

Blach foi segundo e Antonio Pérez quitoulle o podio a Berdomás no último treito

G24.gal 19/08/2023 21:51 Última actualización 20/08/2023 16:16

Non hai rival para Víctor Senra no Rally de Ferrol. O piloto de Dumbría gañou o Rally de Ferrol gañando os sete treitos e cunha diferenza enorme: 4 minutos e 18 segundos sobre o segundo clasificado.

No primeira pasada por San Sadurniño-As Somozas Senra sacoulle 43 segundos a Blach e conforme pasaban os quilómetros non facía máis que dominar os seus rivais cunha superioridade absoluta. Gañou os catro treitos que se disputaron na primeira xornada na que avantaxaba en 2:22 a Blach, 2:58 a Berdomás ou 3:11 a Antonio Pérez.

A pelexa polo podio entre Pérez e Berdomás foi o máis interesante da xornada. De feito non se decidiu ata o último treito no que un problema mecánico e unha picada de Berdomás lle permitiu a Antonio Pérez recuperar 23 segundos co seu rival e acabar na terceira praza. 

Á fronte do Rally Senra seguía aumentando diferenzas conforme pasaban os treitos. Acabou con 4:22 sobre Blach e 5:33 de vantaxe sobre Antonio Pérez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade