Publicador de contidos
Publicador de contidos

Donald Trump declárase "non culpable" e pide un xuízo con xurado

Donald Trump declárase "non culpable" e pide un xuízo con xurado

Trump afronta 37 cargos que lle imputou un Gran Xurado polo manexo de documentos clasificados na súa vivenda de Mar-a-Lago

A Fiscalía sinalou que non era necesario que Trump entregase o seu pasaporte

Accedeu á sede dos tribunais por medio dun túnel subterráneo e, pouco despois, tomáronselle as impresións dixitais 

Seguidores de Trump amosáronlle o seu apoio ás portas do xulgado Seguidores de Trump amosáronlle o seu apoio ás portas do xulgado
G24.gal 13/06/2023 21:44

O expresidente dos Estados Unidos Donald Trump declarouse este martes "non culpable" dos cargos federais presentados na súa contra polo caso dos documentos secretos achados na súa casa de Florida e pediu ser sometido a un xuízo con xurado.

Trump, o primeiro presidente e expresidente na historia dos Estados Unidos en afrontar unha acusación federal, compareceu este martes nun tribunal federal de Miami en relación aos 37 cargos con que o imputou un Gran Xurado polo manexo de documentos clasificados en Mar-a-Lago, a súa mansión no sur de Florida, despois de deixar a Casa Branca.

Os avogados do exmandatario (2017-2021) sinalaron na sala que non era necesario que se lesen os 37 cargos contidos na acusación, dado que xa os coñecían.

"Certamente, declarámonos non culpables", sinalou na sala Todd Blanche, avogado de Trump, durante unha audiencia.

A Fiscalía sinalou que non era necesario que Trump entregase o seu pasaporte, polo que pode viaxar polos Estados Unidos e mesmo polo estranxeiro.

Trump accedeu á sede dos tribunais por medio dun túnel subterráneo pouco antes das 2 da tarde, hora local (18:00 GMT) tras abandonar o seu hotel na cidade de Doral e, pouco despois, tomáronselle as impresións dixitais e pasou á disposición xudicial.

Xunto con Trump foi procesado tamén hoxe o seu axudante Walt Nauta, quen está acusado como coconspirador.

O exmandatario atribúe a acusación liderada polo fiscal especial Jack Smith a unha "gran caza de bruxas" lanzada polo presidente actual dos Estados Unidos, o demócrata Joe Biden, que responde a unha campaña de "interferencia electoral".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade