Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dotor marcha cedido ao Oviedo e libera unha boa cantidade económica

Dotor marcha cedido ao Oviedo e libera unha boa cantidade económica

O cadro asturiano asume os 800.000 euros da ficha do centrocampista celeste

G24.gal 21/07/2024 16:09

Carlos Dotor (23 anos) probará sorte nun dos equipos que buscará o ascenso na Segunda División. O Celta e o Oviedo chegaron a un acordo para que o centrocampista madrileño xogue cedido a vindeira temporada. O cadro asturiano asumirá a totalidade da súa ficha. Unha decisión coa que o conxunto vigués agarda que gañe protagonismo para regresar máis feito e coa que o xogador tentará sentirse importante nunha categoría inferior. 

Dotor chegou a Vigo en 2023 despois de capitanear o Real Madrid Castela onde asinou tres grandes temporadas. Un medio con moito gol (19 tantos nas dúas últimas campañas) pero ao que lle faltou adaptación ao fútbol da elite. No seu ano no Celta xogou 17 partidos, 7 deles como titular e 4 completos. Non conseguiu marcar ningún gol. 

O contrato que o une co Celta remata en 2028 e o club vigués investiu tres millóns de euros polo 50 % do seu pase, o resto pertence ao Real Madrid. Espera que con este movemento volva a Balaídos máis feito e poida achegar o mellor do seu fútbol os vindeiros anos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos