Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta perde en San Mamés (3-1) e segue sen estrearse como visitante

O Celta perde en San Mamés (3-1) e segue sen estrearse como visitante

Iago Aspas igualou de penalti o gol inicial de Guruzeta

O propio Guruzeta desnivelou o marcador antes do descanso

No treito final sentenciou Djaló

G24.gal 22/09/2024 15:04

Minuto a minuto

Ás 16:15h comeza o partido de San Mamés. Este é o XI que vai presentar Claudio Giráldez

 

E este é o XI que presenta o Athletic de Bilbao

 

1'

Comeza o partido en San Mamés. Athletic 0-0 Celta

1'

Primeiro córner a prol dos leóns, e remate alto de Guruzeta

3'

GOL do Athletic. Internada de Iñaki Williams pola dereita, e acaba rematando Guruzeta ao fondo da rede. Athletic 1-0 Celta

20'

Córner a prol do Celta, chega Starfelt ao remate, pero non é quen de marcar

23'

Gran pase de Bamba a Aspas, e hai penalti de Agirrezabala!!

24'

GOOOOOOOOOOL do Celta. Marca Iago Aspas desde o punto de penalti. Athletic 1-1 Celta

35'

Centro de Bamba, remata co calcaño Marcos Alonso, e gran parada de Agirrezabala xunto a base do pau

37'

Contra do Celta, asiste Douvikas a Aspas e marca o moañés, pero había fóra de xogo

40'

GOL do Athletic. Guruzeta fai o segundo da súa conta cando mellor estaba o Celta. Athletic 2-1 Celta

45+3'

Descanso en San Mamés. Athletic 2-1 Celta

46'

Comeza a segunda metade en San Mamés con cambio na portería do Athletic. Entra Padilla en substitución de Agirrezabala

48'

Boa ocasión de Berenguer, que remata abaixo e para Guaita

56'

Remate lonxano de Sancet, para Guaita

58'

Bo ataque do Celta, remata Bamba ao lateral da rede

80'

GOL do Athletic. Centro de Iñaki Williams desde a dereita, e remate de Djaló ao fondo da rede

90+3'

Ocasión do Celta, con remate final de Swedberg que non atopa portería

90+3'

Final do partido en San Mamés. Athletic 3-1 Celta

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade