Publicador de contidos
Publicador de contidos

Inés Rey, sobre os ultras do Málaga: "É indignante que puidesen entrar no estadio o domingo"

Inés Rey, sobre os ultras do Málaga: "É indignante que puidesen entrar no estadio o domingo"

A alcaldesa tamén quixo amosar a súa "solidariedade cos donos do bar salvaxemente atacado e dar ás grazas á Policía Local"

G24.gal 07/10/2024 15:33 Última actualización 07/10/2024 15:40

Máis aló do empate entre Deportivo da Coruña e o Málaga, o máis destacado do encontro foron os lamentables incidentes producidos polos ultras do Málaga o pasado sábado pola noite nos arredores de Riazor. Sobre eles pronunciouse este luns pola mañá a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, que cualificou de "indignante" que puidesen entrar no estadio o domingo.

A alcaldesa da cidade asegurou que "os feitos son de extrema gravidade" e que desde o concello "pedimos información a delegación e liga porque xa causaron moitos problemas en Vigo hai uns días, é indignante que puidesen entrar no estadio o domingo.

Sabemos o devastadores que poden ser os actos violentos no fútbol", engadiu. Por este motivo, Rey quixo mostrar "a miña solidariedade cos donos do bar salvaxemente atacado e dar ás grazas á policía local".

E sinalou que "se hai un partido de alto risco e os ultras veñen sementar o terror e esnaquizar bares... é unha conduta antideportiva e creron que os deixaban marchar creábase menos conflito. Quen toma esas decisións ten máis experiencia, pero desde alcaldía non se entende que volvan provocar ao día seguinte".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar