Publicador de contidos
Publicador de contidos

As empresas teñen tres meses para incorporar aos convenios medidas contra a discriminación LGTBI

As empresas teñen tres meses para incorporar aos convenios medidas contra a discriminación LGTBI

As empresas de máis de 50 traballadores deberán incluír no seu convenio colectivo medidas para garantir a igualdade de trato e a non discriminación

Díaz afirmou que con isto se acaba cunha forma de discriminación máis agresiva no país e destacou que catro de cada dez persoas trans son expulsadas dunha fase previa nun proceso de selección de traballo.

Imaxe de arquivo da ministra de Traballo, Yolanda Díaz (Europa Press)
G24.gal 07/10/2024 19:32 Última actualización 08/10/2024 13:03

O Consello de Ministros aprobou este martes o real decreto que desenvolve o regulamento contra o acoso no traballo do colectivo LGTBI e que obrigará ás empresas de máis de 50 empregados a contar con medidas para garantir a igualdade de trato e a non discriminación.

Na conferencia de prensa posterior ao Consello, a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, explicou que con esta norma lévase "a democracia ás empresas xa acaba cunha das formas máis agresivas de discriminación en España".

"Catro de cada dez persoas trans son expulsadas do mercado de traballo no proceso de selección e máis do 42 % das persoas LGTBI son discriminadas sen rubor en España", lembrou a ministra.

A ministra manifestou que a negociación destas medidas "foi complexa e durou máis de seis meses" dando lugar a un acordo que rubricou en maio con patronal e sindicatos, aínda que non foi ata fai dez días cando recibiu o informe do Consello de Estado. Este real decreto é froito do acordo alcanzado cos axentes sociais o pasado xuño e enmárcase na lei trans, aprobada hai un ano.

O borrador de real decreto, que Traballo expuxo a patronal e sindicatos, recolle unha serie de medidas planificadas para lograr a igualdade e non discriminación LGTBI nas empresas, así como un protocolo ante situacións de acoso por orientación sexual e identidade e expresión de xénero. Estas medidas planificadas deberán incorporarse nos convenios colectivos no prazo de tres meses (seis meses se non contan cun) desde o día seguinte á publicación da norma e será de aplicación a todo o seu persoal.

Díaz afirmou que con isto se acaba cunha forma de discriminación máis agresiva no país e destacou que catro de cada dez persoas trans son expulsadas dunha fase previa nun proceso de selección de traballo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade