Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Leganés asiste á versión máis discreta do Celta (3-0)

O Leganés asiste á versión máis discreta do Celta (3-0)

O equipo madrileño sentenciou no segundo tempo cos goles de Diego García, Brasanac e Sergio González

Despois dunha primeira parte de dominio galego os de Giráldez non compareceron na reanudación

G24.gal 27/10/2024 12:51 Última actualización 27/10/2024 15:54

Minuto a minuto

Ás 14:00h comeza o partido de Butarque. Leganés-Celta. Xa coñecemos o XI Inicial de Claudio Giráldez para o encontro. Volven Iago Aspas e Moriba despois da sanción, e saen da aliñación Sbedberg e Beltrán.

 

E este é o XI inicial Borja Jiménez por parte do Leganés

 

1'

Partido en xogo en Butarque!!!

4'

Ilaix Moriba proba fortuna desde lonxe, e despexa Dmitrovic

10'

Córner a prol do Leganés que se envelena, e saca Guaita cos puños xunto ao primeiro pau

21'

Ataque do Celta que finaliza Bamba cun remate desde a frontal, pero Dmitrovic non ten problemas para despexar

24'

Novo ataque do Celta que conclúe Iago Aspas cun disparo lonxano, ás mans de Dmitrovic

30'

Ataca o Leganés con dous intentos de remate que tapa o sueco Starfelt. Ben o Celta en defensa

38'

Aspas recibe na frontal, olla a Dmitrovic pero o seu remate marcha por riba do traveseiro

43'

Encara Bamba pola esquerda, xoga con Aspas e o remate vai ás mans de Dmitrovic

45'

Descanso en Butarque. O Celta domina a posesión (60%) e os lanzamentos a portería (seis dos vigueses por un só do Leganés) pero o gol non chega

46'

Segunda parte en xogo!!!

47'

Hugo Álvarez busca o remate á escadra pero non lle colle a curva o lanzamento!!

52'

SOTELOOOO!!! O seu tiro desde a frontal saiu rozando o poste!!!! Gran ocasión do Celta

53'

Agora é Bamba o que fai o disparo pero tamén marcha arriba ... e resposta o Leganés cun tiro de Raba. Os dous equipos moven a árbore á procura do primeiro gol

59'

1-0 GOL DE DIEGO GARCÍA para o Leganés. Contra local e remata á rede o dianteiro no primeiro achegamento claro sobre a porta de Guaita

62'

Ao campo Douvikas, Swedberg e Damián. Marcharon Bamba, Ilaix e Borja Iglesias

70'

Aspas ao ataque!!! O seu disparo rexéitao Neyou. E Tapia ve o cartón amarelo por unha falta anterior durísima sobre Swedberg

78'

2-0 GOL DE BRASANAC. Xogada de Miguel de la Fuente, asiste a Brasanac que chegaba desde a segunda liña e supera a Guaita

82'

3-0 GOL DO LEGANÉS. Sergio González remata un centro de Juan Cruz. Despiste defensivo do Celta que está fóra do partido

88'

Marcos Alonso desviado!!! O Celta tira de orgullo pero está a completar unha segunda metade moi frouxa

95'

Tiro inocente de Hugo Álvarez que chapa Dmitrovic

97'

Acabou o partido. O Leganés foi moi superior no segundo tempo e volve gañar despois de dous meses. O Celta completou o encontro máis discreto do que levamos de temporada

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar