A lotería de Nadal segue de moda dous séculos despois do seu nacemento
A lotería de Nadal segue de moda dous séculos despois do seu nacemento
Os administradores de lotería aspiran a superar os 3.300 euros en vendas
Achegámonos a unha das administracións de lotería abertas na mañá do domingo en Santiago, a da porta Faxeira. A clientela fai ringleira. A menos de dous meses do sorteo do Nadal, a maioría son visitantes en busca de décimos para o gordo.
"Imos aproveitar para levar a sorte", di unha muller.
"Levamos dez ou doce anos vindo a comprar a lotería desde Pobra de Sanabria", explica outro comprador.
"Estamos facendo escala porque volvemos á casa e viñemos mercar a lotería para a nosa avoa e a nosa bisavoa", contan unhas canarias.
"Vimos todos os anos e todos os anos compramos aquí", engade outro visitante.
"Paramos ao ver que estabades gravando e animámonos. Xa tiñamos un décimo e agora pola vosa culpa imos mercar outro", chancean dúas viaxeiras.
Os administradores de lotería aspiran a superar os 3.300 millóns de euros en vendas. Cada español inviste arredor de 70 euros na lotería de Nadal, pero nesta ringleira atopamos varios compradores que superan con moito a media.
"Levo xa nove números e vou comprar outros dous ou tres", confesa un malagueño.
"Hai que apostar polos novos anos, os novos proxectos, os novos comezos", afirma un canario.
"Adoito gastar 300 ou 400 euros", admite outro comprador.
Poucos están dispostos a non xogar nada, mesmo os que non confían en facerse ricos.
"A ver se unha pedrea, unha devolución ou algo así", espera un galego, que vai por un único décimo.
Este ano o importe dos premios incrementouse ata os 2.702 millóns de euros.