Publicador de contidos
Publicador de contidos

A administración de lotaría de Benetusser reabre cunha longa ringleira de clientes

A administración de lotaría de Benetusser reabre cunha longa ringleira de clientes

Tras as que foron as xornadas máis complicadas, moitos comercios das poboacións afectadas pola DINA comezan a atender o público

G24.gal 08/11/2024 14:08

Mónica, a loteira de Benetusser, conta que grazas á axuda de moitos veciños pode reabrir hoxe a administración aínda que sexa un pouco en precario, pensa que é un paso importante acadar aínda que sexa só unha miguiña de normalidade. "Merquei noutra administración, que segue pechada, e veño cobrar aquí o premio", conta un cliente. 

"A ver se continúa a sorte, xa que xa tivemos a sorte de estar vivos", explica outro home. Mentres, outros aproveitan a presenza das cámaras para pedir noticias sobre un veciño do que non saben nada desde antes da riada, outros explican que están a recibir moitos encargos de Lotaría para Nadal. 

Din que Benetusser é unha vila de traballadores e que entre todos deben conseguir que a ilusión volva ser posible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade